mércores, 23 de xaneiro de 2019

O martes 22 de xaneiro estivo na nosa escola  Ledicia Costas. Aquí vos deixamos os comentarios que os nenos/as fixeron da visita e o libro que elaboramos para ela.


·A nós pareceunos unha escritora graciosa que contou con humor, algunhas historias que lle aconteceron nas súas visitas a outras escolas, bondadosa, xa que nos resolveu dúbidas, moi boa porque escribiu libros con moita imaxinación e porque escoitou as nosas ideas para poder escribir outros novos.
  Falounos das súas anécdotas escolares, do que poñía a wikipedia sobre ela, dos seus gustos ( comer-  sobre todo chocolate-, as historias de terror...) e dos libros que lía cando era pequena ("Matilda", "Pipi"...)
  Nós destacamos as súas anécdotas, os comentarios que fixo sobre os seus libros, que estivo moi atenta as nosas preguntas e sobre todo a emoción que nos produciu coñecer a unha escritora da nosa comunidade"  (Roi, Aroa, Lucas, Alexia)





"Ledicia Costas estivo hoxe na nosa escola. Un compañeiro liu unha presentación que fixemos sobre ela.
  Ledicia empezou a charla con anécdotas doutros colexios aos que visitou. Tamén, comentou erros da wikipedia, como a súa profesión e a idade. Ademais, contou que, cando chegou a algunha escola, chamábana Esmeraldina Costas. IgualmentE falounos dos seus gustos: historias de terror, comer... Asemesmo, na súa infancia gustábanlle "Matilda", "Pipi" e "Charlie e a fábrica de chocolate".
  Costas pareceunos intelixente, divertida e graciosa, debido a súa forma de comunicar coa xente." (Irene, Yanira, Alejandro, Ángel e Nuno)





"O martes 22 de xaneiro tivemos a esperada visita de Ledicia Costas, unha autora galega. Durante a conversa estivo moi atenta ás suxerencias do público e foi moi flexible.Ademais, fíxonos rir contándonos anécdotas escolares doutros centros que visitou, como cando lle saiu información falsa na wikipedia. É unha persoa moi traballadora, polo que non ten tempo para as súas cousas persoais. Falounos dos seus gustos, como que lle gusta o chocolate, visitar cemiterios e as historias de terror. Tamén, das súas lecturas como "Matilda", "Pipi Mediaslongas" e "Charlie e a fábrica de chocolate". Iso foi o que lle inspirou a comezar a escribir. Pareceunos moi sociable e que ten moita proximidade aos nenos/as. É encantadora e creativa. " (Karima, Mbaye, Demian, Ariadna)




"Ledicia Costas pareceunos unha persoa marabillosa. Foi amable (respostou as nosas preguntas sen problemas), graciosa (contounos sucesos humorísticos), encantadora e receptiva (escoitou as nosas ideas), traballadora xa que nos dixo que estaba moi ocupada cos seus libros e culta (no encontro usou un vocabulario moi rico).
  Ademais, contounos anécdotas graciosas, que foi unha das nosas cousas favoritas. Asimesmo, falounos das súas próximas
publicacións e recomendounos que non nos fiásemos da wikipediaporque escribía cousas falsas. Do mesmo xeito, comentounos cousas sobre a morte e sobre os seus gustos, como comer -sobre todo chocolate- e as historias de terror. Igualmente, díxonos que de pequena encantáballe ler libros como "Pipi", "Matilda2 e "Charlie e a fábrica de chocolate"
  En conclusión, o que máis nos gustou foi a súa sinceridade e amabilidade, a súa facilidade de palabra e que nos escoitou e tomou apuntes para os seus libros" (Sarah, Paula, Lia, Yonan, Máximo)


"Hoxe, 22 de xaneiro, Ledicia Costas, a fantástica escritora galega, veu a nosa escola.
  Falounos dalgunhas anécdotas escolares sobre o seu nome. Por exemplo, nun colexio chamáronlle "Escarlatina Costas", noutro "Escaldrina Costas e noutra escolar crían que estaba morta porqur sabía o que acontecía no Alén. Estas anécdotas gustáronos moito. Tamén nos comentou, que tivo algúns problemiñas coa Wikipedia, xa que cambiaron algúns datos como o ano do seu nacemento (7457) e o do seu oficio ( gamer, xogadora de MInicraft ou de Fornite). Ademais, falounos dos seus gustos: a comida, os cemiterios e un pouco da súa infancia. Por iso, nos pareceu algo rara e extravagante, xa que as nenas adoitaban ter outros gustos, pero parécenos xenial. Comentounos os libros que lle gustaban de pequena ("Matilda", "Pipi Mediaslongas", "Charlie e a fábrica de chocolate"...) e respondeu a preguntas sobre os seus.
  Pareceunos moi amable, posto que nos atendeu moi ben e non lle pareceron mal as preguntas que lle fixemos. É unha persoa excepcional, falou connosco e escoitou atentamente ao público; graciosa e divertida, xa que fixo moitas bromas. No que todos estamos de acordo, é en que é moi imaxinativa porque inventou un mundo sorprendente.
  Unha das cousas que máis nos gustou foi que respostou as preguntas sen cuestionar e falou con nós coma se nos coñecese de toda a vida.
  A visita de Ledicia Costas pareceunos sorprendente, impresionante e fantástica. A xenial escritora é moi simpática, e todos desexamos volver a atoparnos con ela." ( Icía, María, Nicolás, Florina e Manuel)








Este é o agasallo que lle fixemos. Esperamos que disfrute del. GRAZAS LEDICIA, POR ESTES MOMENTOS MÁXICOS.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.