domingo, 24 de febreiro de 2019

Esta é a nosa homenaxe a todas as mulleres que cada día constrúen un mundo mellor





mércores, 23 de xaneiro de 2019

O martes 22 de xaneiro estivo na nosa escola  Ledicia Costas. Aquí vos deixamos os comentarios que os nenos/as fixeron da visita e o libro que elaboramos para ela.


·A nós pareceunos unha escritora graciosa que contou con humor, algunhas historias que lle aconteceron nas súas visitas a outras escolas, bondadosa, xa que nos resolveu dúbidas, moi boa porque escribiu libros con moita imaxinación e porque escoitou as nosas ideas para poder escribir outros novos.
  Falounos das súas anécdotas escolares, do que poñía a wikipedia sobre ela, dos seus gustos ( comer-  sobre todo chocolate-, as historias de terror...) e dos libros que lía cando era pequena ("Matilda", "Pipi"...)
  Nós destacamos as súas anécdotas, os comentarios que fixo sobre os seus libros, que estivo moi atenta as nosas preguntas e sobre todo a emoción que nos produciu coñecer a unha escritora da nosa comunidade"  (Roi, Aroa, Lucas, Alexia)





"Ledicia Costas estivo hoxe na nosa escola. Un compañeiro liu unha presentación que fixemos sobre ela.
  Ledicia empezou a charla con anécdotas doutros colexios aos que visitou. Tamén, comentou erros da wikipedia, como a súa profesión e a idade. Ademais, contou que, cando chegou a algunha escola, chamábana Esmeraldina Costas. IgualmentE falounos dos seus gustos: historias de terror, comer... Asemesmo, na súa infancia gustábanlle "Matilda", "Pipi" e "Charlie e a fábrica de chocolate".
  Costas pareceunos intelixente, divertida e graciosa, debido a súa forma de comunicar coa xente." (Irene, Yanira, Alejandro, Ángel e Nuno)





"O martes 22 de xaneiro tivemos a esperada visita de Ledicia Costas, unha autora galega. Durante a conversa estivo moi atenta ás suxerencias do público e foi moi flexible.Ademais, fíxonos rir contándonos anécdotas escolares doutros centros que visitou, como cando lle saiu información falsa na wikipedia. É unha persoa moi traballadora, polo que non ten tempo para as súas cousas persoais. Falounos dos seus gustos, como que lle gusta o chocolate, visitar cemiterios e as historias de terror. Tamén, das súas lecturas como "Matilda", "Pipi Mediaslongas" e "Charlie e a fábrica de chocolate". Iso foi o que lle inspirou a comezar a escribir. Pareceunos moi sociable e que ten moita proximidade aos nenos/as. É encantadora e creativa. " (Karima, Mbaye, Demian, Ariadna)




"Ledicia Costas pareceunos unha persoa marabillosa. Foi amable (respostou as nosas preguntas sen problemas), graciosa (contounos sucesos humorísticos), encantadora e receptiva (escoitou as nosas ideas), traballadora xa que nos dixo que estaba moi ocupada cos seus libros e culta (no encontro usou un vocabulario moi rico).
  Ademais, contounos anécdotas graciosas, que foi unha das nosas cousas favoritas. Asimesmo, falounos das súas próximas
publicacións e recomendounos que non nos fiásemos da wikipediaporque escribía cousas falsas. Do mesmo xeito, comentounos cousas sobre a morte e sobre os seus gustos, como comer -sobre todo chocolate- e as historias de terror. Igualmente, díxonos que de pequena encantáballe ler libros como "Pipi", "Matilda2 e "Charlie e a fábrica de chocolate"
  En conclusión, o que máis nos gustou foi a súa sinceridade e amabilidade, a súa facilidade de palabra e que nos escoitou e tomou apuntes para os seus libros" (Sarah, Paula, Lia, Yonan, Máximo)


"Hoxe, 22 de xaneiro, Ledicia Costas, a fantástica escritora galega, veu a nosa escola.
  Falounos dalgunhas anécdotas escolares sobre o seu nome. Por exemplo, nun colexio chamáronlle "Escarlatina Costas", noutro "Escaldrina Costas e noutra escolar crían que estaba morta porqur sabía o que acontecía no Alén. Estas anécdotas gustáronos moito. Tamén nos comentou, que tivo algúns problemiñas coa Wikipedia, xa que cambiaron algúns datos como o ano do seu nacemento (7457) e o do seu oficio ( gamer, xogadora de MInicraft ou de Fornite). Ademais, falounos dos seus gustos: a comida, os cemiterios e un pouco da súa infancia. Por iso, nos pareceu algo rara e extravagante, xa que as nenas adoitaban ter outros gustos, pero parécenos xenial. Comentounos os libros que lle gustaban de pequena ("Matilda", "Pipi Mediaslongas", "Charlie e a fábrica de chocolate"...) e respondeu a preguntas sobre os seus.
  Pareceunos moi amable, posto que nos atendeu moi ben e non lle pareceron mal as preguntas que lle fixemos. É unha persoa excepcional, falou connosco e escoitou atentamente ao público; graciosa e divertida, xa que fixo moitas bromas. No que todos estamos de acordo, é en que é moi imaxinativa porque inventou un mundo sorprendente.
  Unha das cousas que máis nos gustou foi que respostou as preguntas sen cuestionar e falou con nós coma se nos coñecese de toda a vida.
  A visita de Ledicia Costas pareceunos sorprendente, impresionante e fantástica. A xenial escritora é moi simpática, e todos desexamos volver a atoparnos con ela." ( Icía, María, Nicolás, Florina e Manuel)








Este é o agasallo que lle fixemos. Esperamos que disfrute del. GRAZAS LEDICIA, POR ESTES MOMENTOS MÁXICOS.




martes, 22 de xaneiro de 2019

Durante este mes, a nosa clase estivo a facer maquetas sobre a célula. Estes son os resultados.


domingo, 7 de maio de 2017

Creamos con Carlos Casares



 Estes traballos están feitos na nosa aula a partires do libro de Carlos Casares " A galiña azul". O conto ten o comezo do texto " A galiña azul". Foi escollido polos nenos/as da nosa clase para representarnos a todos. O poema a partires de palabras sacadas do mesmo e dunha actividade proposta polo Seminario de Dinamización Lingüística de Galán- Arteixo. Está elaborado entre todo o alumnado. 

A galiña azul
  Estos días anda o pobo un pouco. Acórdaste dun rapaz que se chama Lorenzo e que estaba sempre na compañía dun can de rabo zuro?. Pois Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. É unha galiña moi bonita e  moi rara. Pon ovos de colores. Xa puxo dous amarelos, un rosa e tres verdemar. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas ás autoridades.
  Tan preocupadas as ten que... un día, colleron os ovos e, un por un, fóronos rompendo. Cando romperon o ovo rosa, recordoulles as flores da primavera. Romperon os ovos amarelos e obtiveron... un raio de sol! Si, oíches ben, un raio de sol! As autoridades non daban creto ao que vían. Máis tarde, abriron os últimos ovos, nos que había palabras riseiras que lles fixeron cóxegas na barriga.
  - É imposible!
  - Un milagre!
  Logo, quitáronlle á galiña unha pluma vermella. Ao principio, non pasou nada extraño, pero, pola noite, a galiña fíxose máis pequena. Ao día seguinte, quitáronlle outra, e outra, e ao cabo de cinco días, a galiña desapareceu.
  - E a galiña, onde está?
  Pasados uns 50 anos, no Colexio da Sagrada Familia, unha nena estaba escribindo un poema. De repente, viu unha diminuta galiña xogando á mariola enriba das letras. Ela quería recordar que era o día no que se facía unha homenaxe a nosa lingua. O día das Letras... das Letras Galegas!

  Conto escrito por Ariadna Rodríguez 4º A

                                                                      O lobo do pobo

            Hai un humilde pobo,
            onde vive un feroz lobo.
            Non fai nada o seu alcalde,
            todos pensan que está de balde.
            Daquela, o lobo comeu unha galiña
            que comprara a súa sobriña.
            O lobo non deixou nin as plumas
            e marchou facendo sumas.
            O alcalde frunciu o entrecello
            e enfadou a todo o Concello.

                                                                                                        Poema escrito pola clase de 4º A

martes, 2 de maio de 2017

  Quere ser este vídeo unha homenaxe a todas esas mulleres, representadas pola bisavoa de Icía, que co seu esforzo e traballo conseguiron abrirse camiño nuns tempos moi difíciles, e foron quen de deixarnos un futuro esperanzador  e  uns valores aos que agarrarnos nos tempos revoltos que nos toca vivir.Aquí se amosa un anaquiño daquela vida rural galega, tan dificultosa pera tan chea de xenerosidade e bo facer. Grazas a todas elas e grazas a Icía por este magnífico traballo.



a miña bisavoa from Ma Toro on Vimeo.

mércores, 26 de abril de 2017

  Na nosa clase estamos a preparar o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Carlos Casares. Por iso, entre todos elaboramos este vídeo, no que se fai un pequeno percorrido pola súa vida. Para facer o noso traballo tomamos como guía o libro de Damián Villalaín. A fotografía que sae de Carlos está sacada de
commons.wikimedia.org





casres2 from Ma Toro on Vimeo.







xoves, 13 de outubro de 2016


  Xa está próximo o Samaín, a hora das bruxas. Na nosa clase fixemos esta receita feiticeira cun puñado de inxenio, unhas pingas de malhumor, 200 g de fantasía e toneladas de imaxinación. Remexemos, mesturamos ben os ingredientes e elaboramos a nosa receita de bruxa , para que degustedes con coidado, saboreando cada faragulla deste delicioso pastel.